A presentación como medio

Metodología

A presentación como medio

Presentacións, como, para que, Para quen,
¿Qué es?
diapositivas

A presentación multimedia é a herdeira dos paneis físicos en que se combinaban textos e imaxes para que servisen de aopio gráfico a unha exposición oral. Na actualidade as presentacións multimedia incorporan a inserción de imaxes, vídeo e pistas de audio; poden reproducirse de modo automático e permiten que os espectadores interactúen cos seus contidos.
¿Cómo se Aplica?

pantallaAfortunadamente, falar de presentacións na actulidade xa non significasó falar de PowerPoint. Se ben a de Microsoft foi a primeira aplicación que tivo unha gran relevancia mundial en distintos ámbitos alén do educativo e sentou as bases da distribución de información en pantalla a través da organización de ideas en diapositivas dixitais, a día de hoxe o concepto de presentación deixou de ser un fin para converterse nun medio que non se limita á sucesión ordenada de follas rectangulares de papel dixital producidas pola citada PowerPoint ou LibreOffice ou GoogleDocs, ou por outras talvez menos estendidas mais tan útiles como ellas, como Sliderocket ou Mydocumenta.

Tamén podemos realizar presentacións con ferramentas enfocadas aos mapas mentais e aos posters collages, que ademais poden desenvolverse colaborativamente ou incluso mostrar categorizadamente unha selección de ligazóns, como Pearltree. E incluso existen outras ferramentas concibidas cunha especial preocupación pola beleza e a harmonía visual, como é o caso de Prezi e dalgunhas aplicacións específicas para crear infografías como Info.gramEaselly ou Gliffy.

Unha mesma selección de información atopará o formato ideal de exhibición en función do obxectivo que se marque para a súa recepción, sexa este contar cun material gráfico ou multimedia para apoiar un discurso oral, unha presentación esquemática de algo que debe ser lembrado, un documento base visualmente claro sobre o que traballar de forma colaborativa en torno a un conxunto de bloques informativos heteroxéneos en que á primeira ollada poida distinguirse cal é a información relevante, ou calquera outro aspecto que sexa significativo nun contexto concreto.

Cambiando los paradigmas: 

Á par das ferramentas de creación, existen repositorios públicos onde os usuarios e usuarias poden aloxar as súas presentacións para facilitar o acceso aos seus destinatarios e a calquera outra persoa que poida servirse delas. É o caso de Slideshare Slideserve, empresas que, ben porque fundamentan o seu negocio na publicidade ou nos servizos prémium, ofrecen de balde un espazo de almacenamento e exhibición para os contidos da súa comunidade.

50 ideas de gráficos e animacións para presentacións:

 

 Como diciamos ao inicio deste artigo, a presentación deixou de ser un obxectivo para converterse nun medio: un medio onde que expoñer argumentos, apoiar discursos, traballar en equipo e, en definitiva, comunicar ideas. Non son o libro de texto dixital, como hai quen pretende defender, senón un dos espazos onde se desenvolve o proceso de aprendizaxe.

Innovación
office
  • A presentación como espazo de traballo colaborativo.
  • A presentación como caderno de notas.
  • Aprender a falar en público coa presentación como apoio.


Más información
file

Un dos lemas de Google é que a tecnoloxía non pode ser un problema. Analizamos unha parte da tecnoloxía dixital, neste caso as ferramentas de  creación e publicación de presentacións, como lugar, como un dos espazos que engloba o contorno educativo.
Vídeos relacionados: 
See video
Titorial Slideshare
See video
Titorial collage Picasa
Recursos Proyecta relacionados: 
gl
Publicar unha presentación é a mellor maneira de compartila.

¿Qué es Proyecta?

Proyecta es una plataforma virtual de trabajo, encuentro e intercambio. Encontrarás en este espacio, herramientas para crear recursos educativos, formación especializada y materiales de aprendizaje. Para ello, un equipo de profesionales de la educación y las nuevas tecnologías elabora recursos e investiga las soluciones que mejor se adaptan a las necesidades reales de alumnos y educadores.

Ponemos a vuestra disposición artículos sobre metodología, para conocer mejor los procesos de aprendizaje de tus alumnos, enlaces a experiencias didácticas innovadoras de otros docentes, así como video-tutoriales sobre herramientas y aplicaciones de uso educativo, etc.

Para fomentar vuestra participación en la creación de recursos propios, la Plataforma Proyecta convocará distintos tipos de actividades formativas a modo de concurso.